Proxecto: “Centro Comercial Pereiro de Aguiar”
Ubicación: Pereiro de Aguiar – Ourense
Ano: 2002
En colaboración con Jose Antonio Vázquez
Descrición:
O proxecto pretende definir un edificio que albergue varios usos; por unha banda, unha zona destinada a tenda, outra a restaurante – cafetería e, por último, unha vivenda.
A distribución interior responde á tradicional distribución interior neste tipo de edificacións na que a planta baixa destinábase a comercio e taberna, mentres a vivenda localizábase na planta primeira.
A idea principal é a dunha xeometría pura e abstracta. Para elo, os muros laterais actúan como contedores, incluíndo dentro deles os grandes panos de vidro, reforzando así a idea do encontro sen transicións entre o espazo interior e o entorno natural. Ofrecendo unidade ao conxunto aínda que os interiores sexan independentes.
A expresión arquitectónica é a de un volume prismático con unha pel neutra, unha caixa abstracta que albergue un programa tan diverso, nun xogo sutil de transparencias e opacidades, de dentros e foras, no que predomine a limpeza xeométrica.
1ª Premio concurso para Centro Comercial en Pereiro de Aguiar ( Ourense ) , co arquitecto Jose Antonio Vázquez.