Ubicación: Municipio de Puente Caldelas
Ano: 2002
Descrición:
O edificio concibiuse emprazado onde xa existira un Balneario con tres mananciais de augas minerais e medicinais.
O deseño é o resultante dun estudo de funcionamento, facendo unha arquitectura racional, pero que grazas aos materiais tamén sexa contemporáneo.
O edificio deseñouse en base a unha caixa de cristal, unha especie de lanterna. Estas fachadas translúcidas cambiarán continuamente de cor, brillo e reflexos cambiando a súa intensidade de luz no interior. Creando un volume etéreo dándolle unha gran forza sensorial.
Os principais materiais que se utilizarán serán cristal e pedra “País”.