Localización: Poio, Pontevedra
As edificacións pretenden integrarse no ámbito, utilizando materiais propios da arquitectura tradicional, e cunha disposición volumétrica acorde coa arquitectura rural e a arquitectura contemporánea.
Como criterio xeral os alzados orientados a Norte son case cegos, evitando a visión da vivenda dende as parcelas lindantes e protexéndoas á súa vez do frío e o vento, os alzados orientados a Sur permanecen tamén cegos para evitar a visión dende as parcelas lindantes, pero ábrense á luz e ao sol con grandes fiestras nas zonas de comunicación da vivenda, o alzado principal das vivendas trátase con ocos que responden unicamente á funcionalidade, destacando unha galería no dormitorio principal e, finalmente, o alzado posterior ábrese á parcela axardinada con grandes fiestras.