Localización: Pereiro de Aguiar – Ourense
1ª Primeiro premio do concurso para 27 vivendas de V.P.O. en Pereiro de Aguiar ( Ourense), en colaboración co arquitecto Jose Antonio Vázquez
As vivendas de paredes medianeiras proxectadas pretenden, ante todo, ter unha maior calidade espacial interior.
O garaxe descartouse situalo nun soto porque a propia urbanización concede suficiente espazo no exterior das parcelas para aparcadoiro. Por tanto, destinar máis espazo aos coches dentro das parcelas en detrimento dunha maior área axardinada privada parecía cando menos inxustificable.
O deseño global da vivenda é, pois, a procura, por unha banda de baixos custos e, por outra, a de convertela nun espazo mellorable, cambiable, capaz, en definitiva, de transformarse segundo as necesidades. Con muros portantes de formigón e fachadas de paneis prefabricados acabados en “granito dourado”, as vivendas combinan métodos tradicionais con sistemas actuais de construción prefabricada.
En canto á elección da cuberta, un dos elementos máis complicados, non só desde o punto de vista climático, senón tamén pola súa lonxevidade, proxéctase en zinc.