Teresa Táboas – Doctora Arquitecta, profesora y política Teresa Táboas, Doctora Arquitecta

Publicacións

De que maneira habitamos o territorio común? E de cal detrás das paredes no ámbito do privado?

Cara teresa táboas

SON TERESA TÁBOAS, DOUTORA EN ARQUITECTURA

A casa como reflexo dun pobo. Poderiamos facer a través delas un seguimento histórico das transformacións sociais nas formas de habitar ao través das arquitecturas das nosas casas. A vivenda como refuxio dun público, do de “fóra”, a vivenda como salvagarda do propio, contedor da memoria particular. Pero non podemos esquecer que a casa, á súa vez, habita o lugar común, o territorio, o contedor da memoria colectiva. E de igual maneira que a vivenda acubilla a base estrutural da nosa sociedade por ser o espazo físico da célula familiar que provoca o cambio contextual da vida pública, o territorio acolle ao conxunto de individualidades converténdoas nun todo. E esa raia que pecha e protexe, tamén abre e comunica co “fóra”. E é así que dous espazos opostos e distintos son complementarios, porque a casa desde a conciencia do “ mio”, que é o maior símbolo da propiedade e da privacidade, desenvolve o espazo social, o lugar común. Territorios ambos os dous que nos identifican como pobo, porque en definitiva os espazos físicos son espazos sociais, e a vivenda non fai mais que reflectir a situación dunha sociedade, ao mesmo tempo que estrutura feitos sociais. A casa é un territorio, e  o territorio é a nosa casa común.