Ubicación: Boa Vista- A Caeira- Poio
Área: 2.854,58 m²
Ano: 2005
Descrición:
O obxectivo do proxecto é a construción de dez vivendas unifamiliares con paredes medianeiras no municipio de Poio. Dada a tipoloxía da edificación circundante e cumprindo as ordenanzas municipais optase por unha edificación con paredes medianeiras. As edificacións pretenden integrarse no entorno, utilizando materiais propios da arquitectura da vangarda, e con unha disposición volumétrica acorde coa arquitectura actual. Cada vivenda desenvólvese en planta de soto, planta baixa, planta primeira e baixo cuberta. O acceso peonil prodúcese a través dun espazo cuberto ao nivel da planta baixa. Na planta baixa distribúense os espazos de uso común da vivenda; salón-comedor, cociña e área de aseo. Na planta primeira distribúense; dormitorio principal con baño e dous dormitorios con baño común. Na planta baixo cuberta atópanse; un espazo de estar diáfano, totalmente aberto e unha terraza orientada ao sur. Os muros laterais son tratados, cando quedan visibles, con lousa. O fronte de acceso da vivenda trátase cun mínimo de ocos que responden unicamente á funcionalidade, co acceso claramente marcado por unha gran fiestra reflexo do oco de escaleiras que vertebra a planta.